Logotipo de la Consellería do Medio Rural e do Mar
Logotipo de AGADER
Benvido ao SITEGAL
  Ligazóns relacionadas:

¡Benvido/a ao Banco de Terras!


Aviso: no Banco de Terras de Galicia estamos a cambiar a ruta da nosa web. Dende agora deberá acceder a través de http://sitegal.xunta.es. Lémbrese de actualizar os seus marcadores e favoritos. Moitas grazas.

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co que se pretende regular o uso e aproveitamento de fincas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais,de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.

A Lei 6/2011, que entrou en vigor o 15 de novembro de 2011, derroga a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia e establece unha serie de cambios no ámbito e procedemento de actuación que ata o momento levaba a cabo o Banco de Terras. Para aclarar calquera dúbida respecto a estes cambios pode consultar Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras (DOG Nº 205, mércores 26/10/2011) ou as nosas Preguntas Frecuentes pulsando aquí.

O Banco de Terras conta ademais co Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) no cal pode consultar en todo momento a través de Internet o estado dos seus expedientes así como as fincas que están incorporadas e dispoñibles para utilizar.

¿É vostede unha persoa que ten terras e non lles da aproveitamento / non as está a traballar? Consulte aquí o que lle pode ofrecer o Banco de Terras e os trámites a seguir para incorporar esas fincas ao Banco de Terras.

¿Necesita vostede terras para desenvolver o seu proxecto? Consulte aquí como pode solicitar a cesión de fincas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.

¿Que acontece se varias persoas solicitan a mesma parcela? Consulte aquí como se resolven os casos de concorrencia de varios solicitantes sobre unha mesma parcela.

Prazos de realización de solicitudes:

Neste momento non está aberto o prazo para solicitar o arrendamento de fincas incorporadas ao Banco de Terras.

A incorporación de fincas polos seus propietarios/as así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.

Información sobre os prezos de referencia do Banco de Terras. Prema na provincia que quere consultar:
A Coruña    Lugo    Ourense    Pontevedra

Outra información de interese relacionada co proceso de cesión de fincas:
Acordo aprobación criterios de adxudicación
Acordo aprobación arrendamentos pactados
Acordo aprobación denegación arrendamento por débedas
Resolución do 7 de agosto de 2012 sobre procedemento de adxudicación
Convenio coa Administración Xeral do Estado para a xestión de fincas de propietarios descoñecidos
Acordo do Consello de Dirección de Agader do 25/03/2013
Acordo do Consello de Dirección de Agader do 11/07/2013
Resolución do 3 de marzo de 2014 pola que se aproba o modelo normalizado de contrato de arrendamento

Contacto:


Enderezo:

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Subdirección de Mobilidade de Terras

Lugar da Barcia, nº 56, Laraño

15897 - Santiago de Compostela (A Coruña)

Para calquera dúbida pode vostede chamar ao teléfono 881 997 193.

Tamén pode enviar un correo electrónico ao enderezo:



Últimas parcelas incorporadas ao banco
Exp. parcela Localización Data Superficie Usos do solo Prezo
20142700358 Baleira - Lugo
Librán (Santa Mariña)
25/09/2014 12.821 m²
(1,28 ha)
Pasteiro: 6.406 m² (0,64 ha)
Prados e pradeiras: 6.029 m² (0,6 ha)
Forestal arborado: 386 m² (0,04 ha)
110 euros anuais
20142700355 Baleira - Lugo
Librán (Santa Mariña)
25/09/2014 12.725 m²
(1,27 ha)
Pasteiro: 7.645 m² (0,76 ha)
Forestal arborado: 5.080 m² (0,51 ha)
41 euros anuais
20142700354 Baleira - Lugo
Librán (Santa Mariña)
25/09/2014 21.630 m²
(2,16 ha)
Pasteiro: 14.329 m² (1,43 ha)
Forestal arborado: 7.301 m² (0,73 ha)
69 euros anuais
Ver máis | Buscar
Condicións de uso